“ÓS 72 anos descubrín o amor… á informática”
E como Celsa, outras persoas máis, que gozan do coñecemento, do descubrimento de resolver calquera dúbida en internet, enviar textos, fotos e vídeos ós familiares que están lonxe, e participar nun blog, a derradeira sensación destes novos navegantes e internautas. “ Cando aprenden como se fai e como se participa nun blog, hainos que gritan de emoción” din Cristina e Ana, as “culpables” de que moita xente en Pontevedra esté a introducirse neste mundo. As dúas están a ensinar a 30 persoas o que é un ordenador e para que sirve nun obradoiro que están a desenvolver a Consellería de Innovación e Industria e o Concello de Pontevedra no Pazo da Cultura ata o 15 de abril. A destes días é a segunda edición, “porque a primeira tivo moitísimo éxito”, di Cristina, que explica que van ter que facer un terceiro e un cuarto obradoiro, “xa que non para de vir xente” É para nos unha verdadeira satisfacción. Estamos moi contentas”
No seminario pódese atopar xente de diferentes condicións. Case todos novos, case todos perplexos ante a pantalla. Pero iso só o primeiro día. “Paréceme incrible que despois dunha semana poida axudar ós meus fillos co ordenador”. Quen fala así é Begoña, nai nova que cando chegou dicía que “non tiña nin idea e afora estou realmente enganchada·. Ou Aitor, que con 17 anos non cumple o tópico de ser un fenómeno da informática, polo que rachou cos prexuizos e está a aprender como un máis. E sobre todo Peregrina, alias “Chicha”, a maior de todos, que con 77 anos non falta ningún día. “Non sabía nin coller o rato”, di mentras practica cun procesador de textos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario