jueves, 17 de julio de 2008

Non hai idade para as novas tecnoloxías

Un grupo de xubilados aprendeu onte a manexar o teléfono móbil no Centro Socio-Cultural de Monte Porreiro
O Concello de Pontevedra, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, levou a cabo onte un obradoiro no Centro Socio - Cultural de Monte Porreiro para que a terceira idade aprendese a utilizar o teléfono móbil.
Cristina Conde, dinamizadora desta actividade, encargouse durante dúas horas de ensinar a Santiago Fernández, afeccionado á pesca de 80 anos; Josefa Ayuso que conta con 79 anos; Carmen Alonso de 66 anos; e Obdulia Varela, de 77 anos, a coñecer o aparello telefónico e ter as primeiras impresións que "foron moi boas", segundo comenta Cristina.
Para comezar, a monitora debuxou un móbil na pizarra e explicou ós seus 'mozos' como está formado o teléfono: a pantalla, as teclas e a batería. Aprenderon tamén o código PIN e o PUK e para que serven. "Saben que o código PIN, se alguén lles rouba o móbil, permitirá que non o utilicen", comenta Cristina Conde. A continuación, centraron o obradoiro en apagar e acender o teléfono, crear unha axenda de contactos e saber manexarse con ela, facer e recibir chamadas e cargar a batería. O que máis custou foi, sen dúbida, crear un contacto novo, xa que resultou moi díficil asociar as letras ós números das teclas.
A pesar de mostrarse reticentes de cara ó uso do móbil, xa que teñen o fixo na casa, saben que é moi útil en situacións puntuais. Así, cado Santiago vai de pesca sempre o leva por se lle pasa algo. Ademais, Cristina Conde comentaba que "co sinal do parello a Policía pode localizalos".
Sen embargo, estas persoas quéixabanse de que os números de teléfono son moi pequenos e que a xente maior como Santiago, que está operado das cataratas nun ollo, ten máis dificultades xa que "as letras non se ven".
A monitora explicou que a estes anciáns "chámalles moito a tecnoloxía, sobre todo os móbiles e o ordenador", e Josefa Ayuso completaba a información afirmando que a súa "neta de catro anos xa sabe manexar o rato da computadora, e eu quero compartir impresións con ela". Por iso, este obradoiro terá unha segunda parte en setembro, durante cinco días con horario de mañá, na que os alumnos aprenderán a mandar e ler mensaxes e facer fotos co teléfono.
A iniciativa desta rede é fundamental para o desenvolvemento das políticas de inclusión na sociedade da información e o desenvolvemento rural. Por iso, xa no mes de maio fixeron un obradoiro de iniciación do PC, facendo un campionato de cartas entre os alumnos. Con isto, os participantes "perderon o medo ó ordenador", explicou a dinamizadora.

Os maiores se pon ó día có móbil


Unha dinamizadora enseñoulles paso a paso cómo realizar chamadas, enviar mensaxes de texto e sacar fotos.
O Concello de Pontevedra en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información organizou onte en Monte Porreiro un obradoiro do uso do teléfono móbil para persoas maiores.
A nova aula inagurada o 26 de xuño no Centro Socio Cultural de Monte Porreiro acolleu este obradoiro de 11.00 a 13.00 horas, ó que asistiron catro perosas maiores có seu propio móbil para aprender a utilizalo.
Á maioría deles foi un agasallado dalgún familiar, aínda que non lles habían dado uso por descoñecer o seu funcionamento.
Cristina Conde Escaloni, unha das 100 dinamizadores distribuídos pola xeografía galega, foi a encargada de introducir ós participantes no manexo do terminal. En primer lugar lles ensinou a enceder e apagar, e despois a realizar e contestar chamadas. As tareas máis díficiles como a creación dunha axenda de contactos, o envío de mensaxes de texto e as fotografías có móbil, se deixaron para o final.
Unha das asistentas a este obradoiro, Obdulia de 77 anos, participou xa, con éste, en tres dos diferentes obradoiros impartidos polo centro. Un deles consistía en exercitar a memoria a través de actividades có ordenador.
Todas as iniciativas que aquí se desenvolven teñen unha dobre finalidade, por un lado didáctica e polo outro de entretenemento.
Neste caso, Santiago Fernández de 80 anos, recoñece que o móbil podete sacar de máis dun apreto. "Se te perdes ou esqueces de algún número de teléfono, o móbil ten toda unha axenda memorizada e te permite chamar en calquera momento e lugar."
A máis xoven dos catro, María del Carmen Alonso, explicou que polo xeral "as mulleres dispoñemos de máis tempo libre e somos máis participativas cós homes neste tipo de actividades". De todos modos, tanto Santiago como Obdulia, MAría del Carmen ou Josefa demostraron ter moitas gañas e forza de voluntade ó formar parte do obradoiro. Na súa actitude vese o esforzo de avanzar có mundo e as novas tecnoloxías, ademáis da motivación para ocupar o seu tempo aprendendo cada día un pouco máis.
Esta iniciativa persegue obxectivos como promover a alfabetización e adquisición de habilidades para o manexo do teléfono móbil, así como fomentar a curiosidade polas novas tecnoloxías. Cristina destacou que "si estas dúas horas non fosen suficientes, impartiríase máis obradoiros en setembro."

jueves, 10 de julio de 2008

Monte Porreiro acolle un taller sobre o uso do teléfono móbil para persoas maiores.


Faro de Vigo | 10.07.2008 O Concello de Pontevedra en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza un obradoiro para persoas maiores sobre o uso do teléfono móbil no Centro Socio-Cultural de Monte Porreiro. Consta de dúas horas de diración e se lles ensinará a encender e apagar o móbil, crear unha axenda, enviar mensaxes, entre outros.

miércoles, 9 de julio de 2008

Comenza un obradoiro en Monte Porreiro do uso do móbil

Faro de Vigo | 09.07.2008
As persoas maiores son os destinatarios dun obradoiro sobre o uso do teléfono móbil que tendrá lugar no Centro Cultural de Monte Porreiro mañán e no que os alumnos aprenderán a responder chamadas, facer foros, enviar mensaxes ou crear unha axenda de contactos. O obradoiro dará comenzo ás 11 horas e as inscricións farán se por riguroso orden de chegada. No caso de que houbese máis demanda que plazas se organizará outro obradoiro.

jueves, 26 de junio de 2008

Inauguración da aula de informática de Monte Porreiro

(26/06/2008)

A delegada provincial da Consellaría de Industria, Montserrat Prado, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a concelleira de Cultura, Lola Dopico e a xefa do proxecto da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, Carmen Suárez Nieto, inauguraron esta mañá o novo Centro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información no Centro Cultural de Monte Porreiro.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información é unha iniciativa da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria. Enmárcase dentro do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria) e ten como obxectivo o desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, especialmente no ámbito rural.

A Rede de Dinamización en Pontevedra
Dende xaneiro de 2007 o Concello de Pontevedra conta con dúas dinamizadoras que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital. Outras das actividades que desenrolan son a creación de blogs, e o proxecto
Memoria de Muller’, que ten por obxectivo achegar ás mulleres ás Novas Tecnoloxías ao tempo que se recupera a memoria histórica, persoal, social e cultural do contorno.
En
Memoria de Muller’ cada participante conta a súa propia historia a través de imaxes, voz e música, para crear un vídeo que gravará e difundirá os seus recordos, vivencias ou intereses ao resto da sociedade.

A variación de temáticas e a adaptación ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas son fundamentos presentes nos ata agora 77 obradoiros postos en marcha, facendo un total de 800 horas. Neles participaron preto de 700 ususraios/as, sendo 3 de cada 4 deles mulleres e a franxa de idade maioritaria entre os 35 e os 65 anos.

Unha nova aula no Centro Cultural de Monte Porreiro
Ata o momento os obradoiros leváronse a cabo nas aulas de informática do Pazo da Cultura e no IES Luís Seoane de Monte Porreiro, pero a súa boa acollida entre os cidadáns levou á Rede de Dinamización, xunto co Concello de Pontevedra, a proceder á creación e apertura dun Centro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información no Centro Cultural de Monte Porreiro.

Este novo centro inaugurado hoxe está totalmente equipado con software libre e coa tecnoloxía máis avanzada: 10 ordenadores para usuarios/as, unha cámara fotográfica dixital, un retroproxector, unha impresora láser, unha impresora a cor, un escáner, webcams e lectores de DNI.

O acceso ao centro será libre e gratuíto para toda a poboación, así como o é a participación en todas as actividades de formación e obradoiros que se programen na aula.

Nova donde se publicou: http://pontevedracultura.com

miércoles, 4 de junio de 2008

Campionato de "barralla on-line"

Diario de Pontevedra 02.06.2008







O centro Socio Cultural de Monte Porreiro foi o escenario este venres da entrega de premios ós gañadores do Campionato de "Baralla on-line" organizado polo Co
ncello de Pontevedra e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información. Ademáis o acto serviu para degustar as receitas realizadas polos participantes nas "I Xornadas Interculturais de Cociña", outras das iniciativas desenvolvidas ó largo do mes de maio para celebrar o día das "Letras Galegas" e o do Internet. Ambas actividades estiveron coordinadas por Ana María Pérez Martínez e Cristina Conde Escaloni e se celebraron no Pazo da Cultura e no IES Luis Seone en Monte Porreiro.









Foto|David Freire

Varrendo ó contrario "on-line"

Celebrouse no Pazo da Cultura e no IES Luis Seone o Campionato de Baralla On-line o pasado 30 de maio, como finalización da iniciativa posta en marcha pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información xunto co Concello de Pontevedra

De non coller nunca un rato a xogar aos naipes on-line. É o espectacular progreso que dezaseis maiores pontevedreses experimentaron iniciándose na informática, dentro do programa da Rede de Dinamización dá Sociedade de Información que leva a cabo o Concello pontevedrés.

Cristina Conde Escaloni, unha das responsables deste programa, destaca que estes maiores ao principio vían con bastante recelo o computador, «pero agora non hai quen os saque da pantalla». «Están enganchados -sinala-. As clases acaban ás 19.30 e hai veces que son as 20 horas e teño que recordarllo».

Neste campionato de baralla on-line que se celebrou onte -nunha xornada final que se desenvolveu no Pazo dá Cultura e o IES Luis Seoane de Monte Porreiro só puideron concorrer dez deles- os/as participantes na iniciativa mostraron as habilidades adquiridas no xogo da escoba, no que xa fixeron tamén os seus primeiros pasos noutras partidas on-line entre eles e con adversarias/as de fóra. Pero os seus coñecementos non quedan aí, tamén crearon un blog -pontevedraenxogo.blogspot.com- no que recolleron até o momento noventa xogos dos que practicaron na súa infancia «e iso que aínda está sen acabar». Conde destaca tamén «a piña impresionante» que fixeron durante estes últimos meses estes maiores «que nin se coñecían de antes».

José Leis Lueiro, de 66 anos, que competiu desde o Luis Seoane foi o gañador do campionato, aínda que con fair-play recoñeceu que todos os seus adversarios xogaran moi ben». Este coruñés de Negreira, que viviu durante 25 anos en Arxentina, tampouco tocara na súa vida un teclado e recoñece que aínda está en fase de aprendizaxe. Entre os xogos que coñeceu, o da escoba é o seu preferido, «aínda que xogo pouco aínda». Sen dúbida, unha das vantaxes de participar no programa é que agora pode chatear coa familia que ten en Buenos Aires, «co que a experiencia me serviu para moito».

Podes acceder á nova publicada en La Voz de Galicia nesta ligazón:

Nova en La Voz de Galicia

lunes, 28 de abril de 2008

Arranca en el Pazo da Cultura el monográfico dedicado a "Follas de cálculo de software libre"

Faro de Vigo 22.04.2008










En colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, o concello de Pontevedra celebra a partir de hoxe o curso "Follas de cálculo en software libre", de 15 horas de duración e que se levará acabo no Pazo da Cultura ata o próximo día 29. Quince alumnos formalizaron a súa prescripción no curso.

jueves, 17 de abril de 2008

Remata os obradoiros de Informática










Na imaxe poden ver a celebración que os asistentes e as asistentas do obradoiro de informática da Rede de Dinamización da Sociedade da Información levaron a cabo có gallo de finalización do mesmo. A cea tivo lugar no restaurante Bugatti. Foto JAVIER CERVERA

lunes, 7 de abril de 2008

Nota de prensa 04.04.2008

DIARIO DE PONTEVEDRA

INFORMÁTICA EN MONTEPORREIRO

O Instituto Luís Seoane de Monte Porreiro acolleu onte á tarde a primeira sesión dun curso de informática para a estimulación da memoria, organizado póla Concellería de Cultura. O obradoiro, que se prolongará durante todo o mes, faise en colaboración co programa de Dinamización da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria.

PÁX. 5

martes, 25 de marzo de 2008

HISTORIAS DA CONTRA

HISTORIAS DA CONTRA VICTOR SARIEGO

“ÓS 72 anos descubrín o amor… á informática”

Celsa é unha xubilada que, coa ilusión que se lle supón ós mozos, navega polas autoestradas da información.

“Agora podo compartir cousas novas cos netos e con eles e con xente de todo o mundo” di satisfeita de si mesma, Celsa, que con 72 anos como 72 rosas, move o rato e voa polo teclado como unha verdadeira veterana. Acaba de descubrir a informática, que “sempre me deu medo”. E agora, despois duns días de obradoiro, xa pode presumir de “estar a altura dos rapaces”. Ela manifesta rotunda que “xa estou na realidade, na actualidade, no mundo real”.

E como Celsa, outras persoas máis, que gozan do coñecemento, do descubrimento de resolver calquera dúbida en internet, enviar textos, fotos e vídeos ós familiares que están lonxe, e participar nun blog, a derradeira sensación destes novos navegantes e internautas. “ Cando aprenden como se fai e como se participa nun blog, hainos que gritan de emoción” din Cristina e Ana, as “culpables” de que moita xente en Pontevedra esté a introducirse neste mundo. As dúas están a ensinar a 30 persoas o que é un ordenador e para que sirve nun obradoiro que están a desenvolver a Consellería de Innovación e Industria e o Concello de Pontevedra no Pazo da Cultura ata o 15 de abril. A destes días é a segunda edición, “porque a primeira tivo moitísimo éxito”, di Cristina, que explica que van ter que facer un terceiro e un cuarto obradoiro, “xa que non para de vir xente” É para nos unha verdadeira satisfacción. Estamos moi contentas”

No seminario pódese atopar xente de diferentes condicións. Case todos novos, case todos perplexos ante a pantalla. Pero iso só o primeiro día. “Paréceme incrible que despois dunha semana poida axudar ós meus fillos co ordenador”. Quen fala así é Begoña, nai nova que cando chegou dicía que “non tiña nin idea e afora estou realmente enganchada·. Ou Aitor, que con 17 anos non cumple o tópico de ser un fenómeno da informática, polo que rachou cos prexuizos e está a aprender como un máis. E sobre todo Peregrina, alias “Chicha”, a maior de todos, que con 77 anos non falta ningún día. “Non sabía nin coller o rato”, di mentras practica cun procesador de textos.

lunes, 17 de marzo de 2008

Publicación de fotografías no Diario de Pontevedra.




Datas do Curso Cal I Follas de Calculo.


O Concello de Pontevedra en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información establece as datas para o curso de follas de cálculo en software libre (OpenOffice Calc) de 15 horas de duración, que se desenvolverá os días 23,24, 25, 28 e 29 de abril, cunha duración de 3 horas diarias, no seminario 6 do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Os asistentes ó curso terán horario de tarde de 18.00h. a 21.00h.

Con esta actividade preténdese acadar os seguintes obxectivos:

  • Promover a alfabetización dixital.
  • Promover o software libre.
  • Promover a adquisición de habilidades para o manexo básico de follas de cálculo.
  • Fomentar a curiosidade polas novas tecnoloxías.

Con esta actividade os participantes adquirirán un coñecemento básico das follas de cálculo que axudarán na regularización do proceso de gastos e ingresos dunha actividade económica.

lunes, 4 de febrero de 2008

CURSOS DE INTRODUCCIÓN Á SOCIEDADE DA INFORMACIÓN


A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e a Sociedade Anónima Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (S.A.X CESGA) a través da Rede de Dinamización da Sociedade da Información quere levar a cabo unha intervención formativa específica para PEMES e microPEMES e outra divulgativa para a sociedade en xeral.

No primeiro caso, a intención é mellorar os parámetros produtivos e sociais das empresas galegas introducindo e afondando no uso das ferramentas de software libre máis implantadas e complementándose coa formación en áreas menos desenvolvidas, pero de interese estratéxico para a mellora da súa competitividade. A intervención formativa tomará como empresa de referencia a microPEME e PEME do sector servizos, poñendo especial atención ás características propias do medio rural.
No segundo caso, preténdese diminuír a fenda dixital achegando a Sociedade da Información á cidadanía a través de ferramentas de software libre en galego, xa que existe un atraso respecto aos niveis de España e da Unión Europea. Asemade existen tamén desequilibrios dentro da propia autonomía, especialmente entre a Galicia urbana e o resto da autonomía, que convén compensar.
Para acadar estes obxectivos cóntase co apoio dunha empresa especializada no campo da formación en software libre e coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información que será a encargada de levar a oferta de cursos de formación ás empresas e a sociedade en xeral.

Cursos / Ferramenta / Horas
WWW Firefox/ Iceweasel 15
Correo electrónico Thunderbird/ Icedove 10
Sinatura Electrónica e LOPD GnuPG (gpg) 20
Introdución ao Open Office OpenOffice 10
Procesador de textos OpenOffice Writer 25
Presentacións OpenOffice Impress 15
Follas de Calculo (I) OpenOffice Calc 15
CURSOS DE OFIMÁTICA AVANZADA
Cursos Ferramenta Horas
Folla de Cálculo (II) OpenOffice Calc 40
Bases de datos OpenOffice Base 40
Construción de páxinas web Nvu 40
CURSOS DE XESTIÓN DA EMPRESA
Cursos Ferramenta Horas
Facturación Facturalux Calc 24
Contabilidade Facturalux 24
Xestión de almacén Facturalux 24
CURSOS DE XESTIÓN DA REDE
Cursos Ferramenta Horas
Arquitectura cliente/ servidor teórico 10
Servidores de rede GNU/ Linux 40
Xestión de dominio corporativo Firefox 20
Comercio electrónico Varias 25
Marketing na rede Varias 25
DIRECTRICES PARA XERENTES DE PEMES
Cursos Horas
Directrices migratorias 2
Achegamento ao software libre 3

Informate no teléfono: 986 83 30 61
ou achegandote ás oficinas do Pazo da Cultura que se atopa no seguinte enderezo: Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 - Pontevedra
ou por vía e.mail :
cristina.pontevedra@dinamiza.sociedadedainformacion.eu
anamaria@dinamiza.sociedadedainformacion.eu

jueves, 31 de enero de 2008

O Concello organiza o curso "Informática para noveis"

VICTOR SARIEGO
Pontevedra O Concello de Pontevedra, en colaboración coa Rede de Dinamización dá Sociedade dá Información dá Xunta de Galicia, abriu o prazo de inscrición para o curso "Informática para noveis" que terá unha duración de 4 horas e media e que se desenvolverá no Pazo dá Cultura da cidade os días 11,13 e 15 de febreiro.

A actividade é gratuíta e está aberta a todos os pontevedreses, pero en especial para aqueles que apenas saiban manexar un computador, dado que nestes cursos impartiranse nocións básicas de como se utiliza e cales son os programas básicos.

Con este proxecto preténdense lograr certos obxectivos como promover a alfabetización dixital, adquirir habilidades para o manexo básico dun computador e fomentar a curiosidade polas novas tecnoloxías e as súas aplicacións.

Aqueles que estean interesados en asistir terán que realizar unha inscrición no Pazo dá Cultura antes do 1 de febreiro.

As prazas reservaranse por exclusiva orde de chegada ata completar o número previsto de participantes.

No caso de que haxa máis solicitudes que vacantes se porán en marcha máis cursos.
Os horarios de formación son de dous tipos. Un de mañá, de 11.30 a 13.30horas, e dúas de tarde, de 16.30 a 18.00 horas, e de 18.30 a 20.00horas.

As clases prácticas distribuiranse en grupos de entre 4 e 10 persoas.

jueves, 17 de enero de 2008

Novos obradoiros.









Estamos programando novos obradoiros:
  • INFORMÁTICA PARA NOVEIS. ( 11, 13 e 15 de febreiro)
  • PROCESADOR DE TEXTOS I.
  • PROCESADOR DE TEXTOS II.
  • INIACIÓN A INTERNET.
  • CREACIÓN DUNHA CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO.

Nestes intres estamos na planificación de horarios no que hai tres:
  • Pola mañán de 11.30h-13.00h.
  • Pola tarde de 16.30-18.00h
  • Pola tarde de 18.30-20.00h
As prazas son limitadas polo que atenderase por rigoroso orden de chegada.

Informate no teléfono:
986 83 30 61
ou achegandote ás oficinas do Pazo da Cultura que se atopa no seguinte enderezo: Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 - Pontevedra