jueves, 26 de junio de 2008

Inauguración da aula de informática de Monte Porreiro

(26/06/2008)

A delegada provincial da Consellaría de Industria, Montserrat Prado, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a concelleira de Cultura, Lola Dopico e a xefa do proxecto da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, Carmen Suárez Nieto, inauguraron esta mañá o novo Centro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información no Centro Cultural de Monte Porreiro.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información é unha iniciativa da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria. Enmárcase dentro do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria) e ten como obxectivo o desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, especialmente no ámbito rural.

A Rede de Dinamización en Pontevedra
Dende xaneiro de 2007 o Concello de Pontevedra conta con dúas dinamizadoras que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital. Outras das actividades que desenrolan son a creación de blogs, e o proxecto
Memoria de Muller’, que ten por obxectivo achegar ás mulleres ás Novas Tecnoloxías ao tempo que se recupera a memoria histórica, persoal, social e cultural do contorno.
En
Memoria de Muller’ cada participante conta a súa propia historia a través de imaxes, voz e música, para crear un vídeo que gravará e difundirá os seus recordos, vivencias ou intereses ao resto da sociedade.

A variación de temáticas e a adaptación ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas son fundamentos presentes nos ata agora 77 obradoiros postos en marcha, facendo un total de 800 horas. Neles participaron preto de 700 ususraios/as, sendo 3 de cada 4 deles mulleres e a franxa de idade maioritaria entre os 35 e os 65 anos.

Unha nova aula no Centro Cultural de Monte Porreiro
Ata o momento os obradoiros leváronse a cabo nas aulas de informática do Pazo da Cultura e no IES Luís Seoane de Monte Porreiro, pero a súa boa acollida entre os cidadáns levou á Rede de Dinamización, xunto co Concello de Pontevedra, a proceder á creación e apertura dun Centro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información no Centro Cultural de Monte Porreiro.

Este novo centro inaugurado hoxe está totalmente equipado con software libre e coa tecnoloxía máis avanzada: 10 ordenadores para usuarios/as, unha cámara fotográfica dixital, un retroproxector, unha impresora láser, unha impresora a cor, un escáner, webcams e lectores de DNI.

O acceso ao centro será libre e gratuíto para toda a poboación, así como o é a participación en todas as actividades de formación e obradoiros que se programen na aula.

Nova donde se publicou: http://pontevedracultura.com

No hay comentarios: